Dicionario
Ver exemplos
Ver marcas expandidas
Busca preditiva
Axuda na busca avanzada
A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.
De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:
Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.
Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.
Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.
Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.
A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.
Resultados ()
Número de resultados máximo 500, refina a túa busca.
Non se atoparon resultados nesta busca.
Este termo non se encontra no dicionario.
Non existen sinónimos para esta palabra.
Prema aquí para volver á busca anterior.
baleiro2 substantivo masculino Marítimo Mariñeiro que pesca co sistema do balo. Cesures é terra de baleiros. baleiro1 Para todas as acepcións SINÓNIMO baldeiro (feminino: baleira) adxectivo1 Que non contén nada. Volveu encher as copas baleiras. Chegou coa barriga baleira. SINÓNIMO buxán ANTÓNIMO cheo2 Que non contén aquilo que lle é propio. Contra fin de mes anda coa carteira baleira.3 Sen xente, sen habitantes ou con escasa presenza de xente. As rúas quedaron baleiras ao soar a alarma. Este domingo estaba a igrexa baleira. ANTÓNIMO cheo4 [Lugar, posto] que non está sendo ocupado. Nas últimas filas había asentos baleiros.5 [Cousa] que carece de sentido, fundamento, valor etc. Palabras baleiras. Estilo baleiro.6 [Persoa] que carece de interese, de personalidade. Desde o primeiro momento vimos nel unha persoa egoísta e baleira.7 [Femia] non preñada. Contaba coa vaca preñada e saíulle baleira. Nada apetece á preñada que a baleira non coma. substantivo masculino8 Espazo libre, xeralmente considerado desde grande altura e non ocupado por corpos sólidos. Un paracaídas freou a súa caída ao baleiro.9 Física Espazo en que o aire ou outro gas están a presións moi inferiores á atmosférica. Estudaron o movemento dos electróns no baleiro.10 Falta ou ausencia de algo ou alguén que antes estaba. O líder manifestou preocupación polos baleiros nas súas filas.11 Sufrimento que provoca a falta de algo ou de alguén. O baleiro que deixou no equipo tardou en superarse.12 figurado Non existencia de algo. O adianto das eleccións satisfai os que criticaban o actual baleiro de poder. FRASES E EXPRESIÓNS CON baleiro Ao baleiro Técnica para envasar un produto extraendo o aire do recipiente que o contén. Preparou marmelada e envasouna ao baleiro. Coas mans baleiras VÉXASE man Conxunto baleiro VÉXASE conxunto De baleiro Sen conseguir nada. Non vin ata aquí para volver de baleiro.
Antes e despois de
Sobre o dicionario da Real Academia Galega
Este dicionario establece a norma da lingua galega no referente ao léxico. Aquí poderás atopar a ortografía normalizada de case 60.000 artigos lexicográficos e os seus significados, así como información importante sobre a pronunciación, as propiedades gramaticais, os sinónimos, os antónimos, o rexistro, e outros datos útiles para o uso correcto da lingua.
Actualizacións
O Seminario de Lexicografía da RAG actualiza de maneira continuada este dicionario para achegar un coñecemento máis preciso do léxico. As novas voces e modificacións pódense consultar na pestana de Actualizacións do menú superior.
Información
Escoita a pronuncia das palabras, consulta a conxugación de todos os verbos e descubre as características gramaticais de cada unha das entradas do dicionario (categoría, xénero, réxime verbal, fraseoloxía etc.)
Axúdanos a mellorar
Suxestións, erros, observacións...
Suxestión enviada
Moitas grazas pola súa colaboración
Erro no envío
Sentímolo pero non se puido enviar a mensaxe.
Modo de cita
González González, M. (dir.): Dicionario da Real Academia Galega. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/dicionario> [Consultado: <data>]
Conxugación do verbo: