Vilar de Santos acolle este sábado unha charla sobre a recolla colaborativa dos nomes da terra
O filólogo da RAG Vicente Feijoo explicará, no marco da campaña Toponimízate. Falámosche dos nomes da túa terra, como empregar a aplicación Galicia Nomeada para participar no rexistro de nomes de leiras, montes ou regos usando o teléfono móbil