Rally de Narón de 1990
III Rallye Narón | |
---|---|
Categoría | Galicia |
Localización | Narón |
Organizador | Siroco Team Narón |
Ámbito | Rexional |
Superficie | Terra |
Tramos | 8 |
Distancia tramos | 46 km |
Gañadores | |
Piloto campión | Manuel Senra |
Participantes | |
Pilotos | 56 |
Anterior | Rally de Narón de 1989 |
Seguinte | Rally de Narón de 1991 |
O Rally de Narón de 1990 foi a terceira edición de dito rally e a penúltima proba da tempada 1990 do Campionato de Galicia de Rallys de Terra. Celebrouse o 20 de outubro de 1990 e o vencedor foi o dumbriés Manuel Senra a bordo dun Peugeot 205 GTI.[1]
Itinerario[editar | editar a fonte]
Constou de oito treitos e un total de 276 km, dos cales 46 foron cronometrados. Os treitos a correr foron Anca, Ferreira, San Xiao e Lamas, dándose dúas pasadas a cada un deles.[2]
Desenvolvemento[editar | editar a fonte]
Manuel Senra, que competía por primeira vez en terra, dominou o rally con claridade co seu Peugeot 205 GTI. El e o seu copiloto José Maceiras marcaron o mellor tempo en todos os treitos excepto no último, no que meteron unha roda nunha cuneta e perderon algo de tempo sacándoa. En segunda posición, a máis dun minuto de Senra, chegou Manuel González cun Citroën Visa GTi, mentres que o Renault 5 GT Turbo de Andrés González foi terceiro. En cuarto lugar chegou o portugués João Enes, que con este resultado colocouse líder do campionato.[3]
Clasificación[editar | editar a fonte]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Clasificación final do rally" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 29 de xuño de 2020. Consultado o 29 de xuño de 2020.
- ↑ "Itinerario do rally". ewrc-results.com (en inglés). Consultado o 29 de xuño de 2020.
- ↑ "Senra y Maceiras no dieron opción a sus más directos rivales en el rally de Narón". La Voz de Galicia (en castelán). 21 de outubro de 1990. p. 56.
Predecesor: Rally de Terra Vila de Verín |
Campionato de Galicia de Rallys de Terra Tempada 1990 |
Sucesor: Rally de Caldas |