David Belasco
![]() David Belasco entre 1898-1916 | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 25 de xullo de 1853 San Francisco, California |
Morte | 14 de maio de 1931 (77 anos) Nova York, Estado de Nova York |
Lugar de sepultura | Linden Hill Jewish Cemetery (en) ![]() ![]() |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | ![]() |
Actividade | |
Ocupación | Produtor e director de teatro |
Lingua | Lingua inglesa ![]() |
Obra | |
Arquivos en | |
Familia![]() | |
Cónxuxe | Cecilia Loverich (1880–1931, até a morte del) |
Fillos | Reina Victoria Belasco (en) ![]() ![]() ![]() |
Pais | Humphrey Abraham Belasco (en) ![]() ![]() ![]() ![]() |
Irmáns | Fred Belasco (en) ![]() ![]() ![]() ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
David Belasco, nado en San Francisco o 25 de xullo de 1853 e finado o 14 de maio de 1931, foi un dramaturgo e director, produtor e empresario teatral estadounidense.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Belasco, nado en San Francisco, procedía dunha familia de xudeus sefardís procedentes de Londres que se asentaran en California durante a febre do ouro. De mozo comezou a traballar nun teatro da cidade onde fixo de case todo, desde rapaz de recados, copiar escritos ata actuar e dirixir. En 1882 trasladouse a Nova York onde foi director de escena do Madison Square Theater ó tempo que escribía as súas propias obras teatrais. Para 1895 tivera tanto éxito que se puido converter en produtor independente.
Durante a súa longa carreira, de 1884 a 1930, Belasco escribiu, dirixiu e produciu máis de 100 pezas para Broadway, entre as que salientan Hearts of Oak, The Heart of Maryland e Du Barry. Non obstante as súas máis coñecidas producións foron a adaptación da ópera de Giacomo Puccini, Madame Butterfly para o teatro e The Girl of the Golden West da que o propio Puccini realizou unha versión operística, La fanciulla del West. Realizáronse aproximadamente corenta filmes adaptando as súas obras, entre o que se inclúe Seven Chances de Buster Keaton.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: David Belasco ![]() |
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Ficha na IBDB (en inglés)