Saltar ao contido

Rastro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 28 de agosto de 2021 ás 02:16 por Xabier Cid (conversa | contribucións) (amplío minimamamente)
O xestor de cookies de Firefox, amosando os detalles de varias cookies por dominio.

Un rastro (tamén chamado frecuentemente polo seu termo en inglés, cookie) é un fragmento de texto que se envía desde os servidores dun sitio web e que se garda no navegador web do usuario do sitio. Deste xeito, o sitio web pode consultar a devandita información e servir determinados contidos, segundo as preferencias do usuario, ou ben conseguir información sobre os hábitos de navegación.

Un rastro de "sesión" é o que xeralmente remata cando pechas o navegador ou a aplicación móbil. Un rastro "persistente" é o que permanece no teu dispositivo, mesmo despois de pechares o navegador ou aplicación móbil. Un rastro persistente desaparece segundo a duración que lle definan os seus desenvolvedores (ou cando o borras manualmente)


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre informática é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.