Saltar ao contido

Campo de Fútbol de Vallecas: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Luckas-bot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (bot Engadido: fi:Estadio Teresa Rivero
Imxavitooh (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 37: Liña 37:
* [http://www.rayovallecano.es Sitio web do Rayo Vallecano] {{es}}
* [http://www.rayovallecano.es Sitio web do Rayo Vallecano] {{es}}


[[Categoría:Estadios de fútbol de España|Teresa Rivero]]
[[Categoría:Estadios de fútbol da Comunidade de Madrid|Teresa Rivero]]


[[ca:Estadi Teresa Rivero]]
[[ca:Estadi Teresa Rivero]]

Revisión como estaba o 6 de xuño de 2011 ás 14:00

Teresa Rivero
Datos
LocalizaciónVallecas, Madrid, España
Construción
Inauguración10 de maio de 1976
Estadio
SuperficieHerba natural
Dimensións102 x 67
Capacidade14.704
PropietarioConcello de Madrid
LocalíaRayo Vallecano
Eventos
  • Fase Final da Liga Superibérica 2009

O Estadio Teresa Rivero é un estadio de fútbol situado no popular barrio de Vallecas, ao sueste da cidade de Madrid. Neste estadio xoga os seus partidos o Rayo Vallecano. Está situado entre as rúas Pallaso Fofó (onde se atopan as oficinas), Arroyo del Olivar e Avenida de la Albufera (onde está a Tenda Oficial do equipo, na esquina do propio estadio).

Características

Foi construído en 1973, no mesmo lugar onde estaba o antigo estadio, e ten capacidade para 15.500 espectadores sentados. Antigamente as tribunas de abaixo eran prazas de pé e podía ter capacidade para 20.000 persoas, pero a UEFA en 1996 cambiou as normas dos estadios para Primeira e Segunda División, e deste xeito quedou nas 15.500 prazas anteriormente mencionadas.

Nun principio, denominóuselle Novo Estadio de Vallecas. En 1992 a familia Ruiz-Mateos comprou o club e Teresa Rivero (muller de José María Ruiz-Mateos) converteuse en 1994 na primeira muller presidente dun club de fútbol de Primeira División. Desde xaneiro de 2004 o estadio leva o seu nome.

Grandes nomes da música como Bob Dylan en 1980, Miguel Ríos, Luz Casal, e Leño (1983), Barricada en 1986 ou Metallica en 1992, entre outros, actuaron en devandito estadio. Queen actúo no estadio o 3 de agosto de 1986, sendo este o penúltimo concerto de Queen en terras españolas coa formación orixinal (dous días despois actuaron en Marbella).

Nos fondos dunha das porterías non ten bancada, tan só paneis informativos.

Pódese chegar a el a través da estación de Portazgo, da Liña 1 do Metro de Madrid.

Nel disputouse a 1ª Fase Final da Liga Superibérica de rugby (2009). Tamén é a meta de chegada da San Silvestre Vallecana. Ese mesmo ano, en xuño, o club proxectou un novo estadio para o equipo.

En marzo de 2011 elimináronse as vallas que arrodeban o terreo de xogo separándoo das bancadas. Até a data, o estadio de Vallecas era o único en España que mantiña estas vallas de seguridade, que demostraran máis dunha vez ser máis que inseguras, polo que a súa retirada era un dos desexos que perseguía desde fai anos a afición vallecana. Para realizar este cambio, fíxose necesario eliminar as dúas primeiras filas de ambos laterais para cumprir a normativa que esixe unha distancia mínima entre o terreo de xogo e os espectadores, non sendo necesario no fondo que xa está á distancia axeitada. Ao retirar estas localidades, o estadio disminuiu a súa capacidade en 796 espectadores, quedando en 14.704 o novo aforo.

Véxase tamén

Ligazóns externas